Saúda

O Pacto Territorial de Emprego de Lemos, terceiro órgano consultivo da Consellería de Traballo e Benestar, está integrado polos concellos de Bóveda, Carballedo, Chantada, Folgoso do Courel, Monforte de Lemos, Pantón, Pobra de Brollón, Quiroga, Ribas do Sil, O Saviñao, Sober e Taboada. Ademais dos concellos, forman parte do Pacto Territorial de Emprego de Lemos as Organizacións Sindicais UXT, CCOO e CIG, a Confederación de Empresarios de Lugo e a Xunta de Galicia. Este espazo será o lugar onde a equipa da Comisión Técnica subministrará información puntual sobre a situación sociolaboral e económica do territorio, así como tamén diferentes estudos e análises realizados.

A Equipa Técnica do Pacto Territorial de Emprego de Lemos da a benvida a todas e tódolos usuarios deste novo espazo web, que agardamos sexa de interese.

EQUIPA TÉCNICA DA U.P.D. de LEMOS

Ángeles González Cabanas, Licenciada en CC. Políticas e Socioloxía Industrial e Master en Dirección de Marketing; Directora da UPD de Lemos.

Francisco Calvo Casal, Licenciado en CC.PP. e Administración Pública; Técnico de Prospección e Análise do Mercado de Traballo.

Iván Fernández Castro, Licenciado en Dirección e Administración de Empresas e Diplomado en CC. Empresariais; Técnico en Emprendemento e Promoción de Emprego.

Trinidad López Pérez, Diplomada en CC. Empresariais;Técnico de Orientación e Mellora da Empregabilidade.

Marisol Docasar Castaño, Diplomada en Relacións Laborais e Administrativo; Técnico de Apoio.

0 comentarios:

Publicar un comentario