Saúda
O Pacto Territorial de Emprego de Lemos, terceiro órgano consultivo da Consellería de Traballo e Benestar, está integrado polos concellos de
Bóveda,
Carballedo,
Chantada,
Folgoso do Courel,
Monforte de Lemos,
Pantón,
Pobra de Brollón,
Quiroga,
Ribas do Sil,
O Saviñao,
Sober e
Taboada. Ademais dos concellos, forman parte do Pacto Territorial de Emprego de Lemos as Organizacións Sindicais
UXT,
CCOO e
CIG, a
Confederación de Empresarios de Lugo e a
Xunta de Galicia. Este espazo será o lugar onde a equipa da Comisión Técnica subministrará información puntual sobre a situación sociolaboral e económica do territorio, así como tamén diferentes estudos e análises realizados.
A Equipa Técnica do Pacto Territorial de Emprego de Lemos da a benvida a todas e tódolos usuarios deste novo espazo web, que agardamos sexa de interese.
0 comentarios:
Publicar un comentario